{"product_id":"9788437633626","title":"Cantares gallegos","description":"Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas.  Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais un longo estudo introdutorio.","brand":"Ediciones Cátedra","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47140331684080,"sku":"9788437633626","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788437633626_p0.jpg?v=1763738744","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788437633626","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}