{"product_id":"9788491210047","title":"Cos pés no aire","description":"Premio Raiña Lupa, 1998 Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel,  un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade. Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen polo feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal. Deste xeito, Cos pés no aire é unha lúcida e suxestiva parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima. Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades. O libro, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47175868711152,"sku":"9788491210047","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491210047_p0.jpg?v=1763748224","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491210047","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}