{"product_id":"9788491210061","title":"De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal","description":"Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade.  Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47184716300528,"sku":"9788491210061","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491210061_p0.jpg?v=1763745054","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491210061","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}