{"product_id":"9788491210603","title":"O espello do mundo","description":"Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas». Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro.  O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva.  A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47180553126128,"sku":"9788491210603","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491210603_p0.jpg?v=1763745097","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491210603","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}