{"product_id":"9788491210634","title":"O encargo do señor Castelao","description":"Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles?  Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47182983069936,"sku":"9788491210634","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491210634_p0.jpg?v=1763745027","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491210634","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}