{"product_id":"9788491210740","title":"O país da brétema","description":"Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e dispersa durante séculos. Lugh, Breogán, Cú Chulainn, Finn, deuses, semideuses e heroes. O pálido rei Artur, o que desapareceu no océano celta rumbo á illa de Avalon, segue seducindo os europeos máis soñadores. N¿O país da brétema recóntanse os latexos da alma celta desde a orixe, entre as brumas do mito e a lenda, ata o respirar das novas gaitas actuais. O embruxo dunha cultura que atrae inevitablemente os habitantes dun tempo que quere mitos, e dunha cultura que desconfía da maxia e do misterio. Desta obra xurdiu a necesidade de escribir un libro posterior, Morgún (Xerais, 2003).","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47163100430576,"sku":"9788491210740","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491210740_p0.jpg?v=1763745775","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491210740","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}