{"product_id":"9788491211068","title":"Xa non estou aquí","description":"Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2016 - Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella.  Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47180500467952,"sku":"9788491211068","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211068_p0.jpg?v=1763745933","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211068","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}