{"product_id":"9788491211303","title":"O inspector e mais eu","description":"A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro.  A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende.  As pretensións amorosas da protagonista ¿contadas en clave de humor¿ son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico.  Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47164170862832,"sku":"9788491211303","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211303_p0.jpg?v=1763745103","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211303","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}