{"product_id":"9788491211310","title":"A caixiña dos rancores","description":"Premio Raiña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47173159977200,"sku":"9788491211310","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211310_p0.jpg?v=1763745780","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211310","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}