{"product_id":"9788491211419","title":"Os tres de nunca","description":"Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais.  Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo. É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades. Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47162307510512,"sku":"9788491211419","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211419_p0.jpg?v=1763747245","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211419","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}