{"product_id":"9788491211532","title":"Todo isto che darei","description":"Premio Planeta, 2016. Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental. Lucas, un crego amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen crían coñecer ben.A inagardada amizade destes tres homes sen ningunha afinidade aparente axuda a Manuel a navegar entre o amor por quen foi o seu home e o tormento de ter vivido de costas á realidade, blindado tras a fantasía do seu mundo de escritor. Empezará así a procura da verdade, nun lugar de fortes crenzas e arraigados costumes no que a lóxica nunca termina de atar todos os cabos.Todo isto che darei é a novela galega de Dolores Redondo, a autora da memorable Triloxía do Val do Baztán. Un acontecemento para as nosas letras.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47164187541744,"sku":"9788491211532","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211532_p0.jpg?v=1763745810","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211532","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}