{"product_id":"9788491211730","title":"O faro de Arealonga","description":"Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista e ten un carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles. Arealonga, a vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas, visitar vellos amigos e descansar coa familia. Pero o que agarda a Rosalía é unha trama chea de puntos escuros na que o pasado de Néstor, fareiro, antigo científico e, sobre todo, prezado amigo, volve ao presente cunha forza que sacode o que ata ese momento semellaba firme como as rochas. A desaparición duns cons, os estraños movementos do mar preto da praia onde está a Cova do Mouro e a presenza na vila mariñeira de catro traxeados xaponeses desencadearán as indagacións da xornalista que a dirixirá a coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un transportador de materia. O faro de Arealonga de Uxía Casal é unha engaiolante novela de intriga e suspense, na liña das mellores obras da actual ficción científica contemporánea.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47181999505648,"sku":"9788491211730","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211730_p0.jpg?v=1763745795","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211730","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}