{"product_id":"9788491211785","title":"Soño de infancia","description":"A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, \"Soño de infancia\" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta. «Velaquí unha proposta narrativa pouco frecuente coa que o seu autor, Moncho Rouco, aparece na literatura galega, novel e vizoso pero con ampla experiencia, para deixarnos un relato orixinal, divertido e reflexivo a un tempo. Sospeito que o seu Soño correrá o destino daqueles libros privilexiados que nos gusta compartir.» María Xosé Porteiro","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47178510631152,"sku":"9788491211785","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491211785_p0.jpg?v=1763745939","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491211785","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}