{"product_id":"9788491212164","title":"Luns","description":"Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016. Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día.  \"Luns\", gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47171997171952,"sku":"9788491212164","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212164_p0.jpg?v=1763745042","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212164","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}