{"product_id":"9788491212249","title":"Conexión Tubinga","description":"Finalista do Premio Xerais de Novela, 2008  O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47173391057136,"sku":"9788491212249","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212249_p0.jpg?v=1763747253","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212249","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}