{"product_id":"9788491212256","title":"A hora de espertarmos xuntos","description":"A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado. \"A hora de espertarmos xuntos\" é a gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX até os nosos días.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47179799527664,"sku":"9788491212256","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212256_p0.jpg?v=1763745599","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212256","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}