{"product_id":"9788491212263","title":"22 segundos","description":"O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.  \"Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá ¿ou non quererá comprender¿ nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.\"  Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.  \"22 segundos\" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe ¿sen poñerlle etiquetas¿ que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis ¿e a sociedade¿ deixen de consideralas enfermas.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47166511055088,"sku":"9788491212263","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212263_p0.jpg?v=1763745113","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212263","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}