{"product_id":"9788491212430","title":"O coitelo en novembro","description":"¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua á muller que convoca ás avésporas como último recurso fronte a cemento e cobiza. Este libro é un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47165299720432,"sku":"9788491212430","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212430_p0.jpg?v=1763745802","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212430","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}