{"product_id":"9788491212584","title":"O neno mariñeiro","description":"Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras. Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de \"Fins do mundo\" e \"Profecía do mar\", obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. \"O neno mariñeiro\" é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47182983201008,"sku":"9788491212584","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212584_p0.jpg?v=1763745049","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212584","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}