{"product_id":"9788491212690","title":"Muriel","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017 A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47167654166768,"sku":"9788491212690","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212690_p0.jpg?v=1763745805","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212690","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}