{"product_id":"9788491212706","title":"Ceiba de Luz","description":"Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2017 O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte. En \"Ceiba de Luz\" Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga, onde a evolución psicolóxica dos personaxes se respira nuns diálogos tan vivos como abafante se volve o ambiente vizosamente descrito da selva amazónica. Unha novela onde a natureza virxe e as tradicións e culturas ancestrais, verdadeiras protagonistas, acabarán por impoñerse ao egoísmo e individualismo da sociedade en que vivimos.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47180218695920,"sku":"9788491212706","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212706_p0.jpg?v=1763745603","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212706","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}