{"product_id":"9788491212713","title":"A raíña das velutinas","description":"XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade. Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de \"A raíña das velutinas\" ¿o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal¿.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47166511087856,"sku":"9788491212713","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212713_p0.jpg?v=1763745122","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212713","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}