{"product_id":"9788491212720","title":"A arte de trobar","description":"Premio Xerais de Novela, 2017 No século XIII, unha \"troupe\" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. \"A arte de trobar\" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano.  Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, \"A arte de trobar\" constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47176507130096,"sku":"9788491212720","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491212720_p0.jpg?v=1763745808","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491212720","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}