{"product_id":"9788491213062","title":"As sete mortes de Leopoldo Pardo","description":"Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en \"Asasinato no centro comercial\" e continuadas en \"A morte vén en chancletas\". «\"As sete mortes de Leopoldo Pardo\" é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez) «Unha revisión moderna do \"Divino Sainete\", unha homenaxe secreta á novela \"Drácula\", chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47170549776624,"sku":"9788491213062","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788491213062_p0.jpg?v=1763745818","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788491213062","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}