{"product_id":"9788498658842","title":"Obediencia","description":"Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control sobre todo o territorio agás a capital, Compostela. A cidade é centro dunha puxante economía que se contrapón á mísera Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático. Nunha residencia de Compostela para científicos con problemas piscolóxicos, está ingresada Elba Mácara, unha paciente con crises de amnesia que cre prever o destino mediante cálculos matemáticos. Cando menos o agarda, Mácara consegue fuxir para refuxiarse na Alemparte, un ermo salvaxe onde ten base o grupo resistente Alogon. Cunha enorme forza creadora, utilizando unha linguaxe que evoca as imaxes do cinema de ciencia ficción, Lopo vai introducir os lectores e as lectoras en paisaxes imprevisibles, inzadas de mutantes, salteadores e traficantes de alcaloides. En Obediencia, a intriga desenvólvese freneticamente en torno a unha obsesión: descubrir a posición de Lef, un número natural perdido na memoria dos tempos... A loita polo poder e polo control da mente tampouco queda fóra desta singular e apaixonante novela de aventuras na que os protagonistas viaxan por unha Galicia sorprendente.","brand":"MattForney.com","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47172799332592,"sku":"9788498658842","price":18.99,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788498658842_p0.jpg?v=1763748528","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788498658842","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}