{"product_id":"9788498658903","title":"A esmorga","description":"Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970. A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.","brand":"MattForney.com","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47171312517360,"sku":"9788498658903","price":11.99,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788498658903_p0.jpg?v=1763747516","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788498658903","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}