{"product_id":"9788498658927","title":"Diario de inverno","description":"A nova novela do autor de Brooklyn Follies encaixa á perfección no que a crítica denomina \"autoficción\": o novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e é lida como unha narración. Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama \"o inverno da vida\". A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendo unha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acaban por adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. O divorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestacións universitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente de coche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seu fillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadía en París... a rememoración do día a día debuxa sutilmente unha historia chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a ferida do tempo e a escritura. Diario de inverno non é a primeira vez que Auster escribe sobre si mesmo, pois xa en en 1982 publicou The Invention of Solitude, libro no que contaba os derradeiros anos da vida de seu pai.","brand":"MattForney.com","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47179812405488,"sku":"9788498658927","price":18.99,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788498658927_p0.jpg?v=1763750475","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788498658927","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}