{"product_id":"9788498658941","title":"Deus sentado nun sillón azul","description":"Unha novela fundamental na obra de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán. Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz. Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder. Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida.","brand":"MattForney.com","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47172100587760,"sku":"9788498658941","price":15.99,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788498658941_p0.jpg?v=1763747467","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788498658941","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}