{"product_id":"9788498659061","title":"Os escuros soños de Clío","description":"Doce relatos imaxinativos nos que Casares xoga coa historia. Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou varias edicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores da tradución ao ruso e ao castelán. En xeral, os críticos considérano un dos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo Torrente Ballester, \"bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura\". En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica. Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.","brand":"MattForney.com","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47164871475440,"sku":"9788498659061","price":11.99,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788498659061_p0.jpg?v=1763747469","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788498659061","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}