{"product_id":"9788499144153","title":"Faneca Brava","description":"A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres se cadra non, seguro, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa «ovella negra» dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119932424432,"sku":"9788499144153","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499144153_p0.jpg?v=1763748064","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499144153","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}