{"product_id":"9788499144160","title":"Os televisores estrábicos","description":"Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, pero non a soidade; coñecemos a historia de F, un alcohólico que puido xogar no Deportivo e aprendeu que a vida é unha partida de futbolín; que as empresas saben ben máis ca nós dos seus negocios; que as noticias son as que son porque os xornalistas beben coca-cola light; ou que os caramelos de café con leite poden ser ben amargos... Os televisores estrábicos é a ollada bidireccional dun home que deixa todo atrás para escribir un libro de relatos cos cartos dunha indemnización por despedimento. É a loita radicalmente optimista por sobrevivir a un tempo de desesperanza, conscientes de que aquí é obrigado vivir de pé, basicamente porque a vida queima.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119758852336,"sku":"9788499144160","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499144160_p0.jpg?v=1763748996","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499144160","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}