{"product_id":"9788499144238","title":"O xardín das pedras flotantes","description":"O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración orixinándose moito antes da súa propia infancia até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119830057200,"sku":"9788499144238","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499144238_p0.jpg?v=1763749192","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499144238","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}