{"product_id":"9788499144245","title":"Cardume","description":"En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron. Ambientda nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evolucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacidade expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilística, Rexina Vega reivindica nesta novela a memoria como conformación da identidade do presente. Cardume obtivo o Premio Xerais de novela 2007.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119768781040,"sku":"9788499144245","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499144245_p0.jpg?v=1763749229","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499144245","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}