{"product_id":"9788499145525","title":"Días que non foron","description":"O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terrible Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun tiranicidio; borras e rescaldos da memoria, individual e colectiva; arelas cun pé no éxito e o outro na decepción; segredos que non morrerán gardados, ou sarillos de soños que son a mellor vitamina na existencia dos seres anónimos. Á fin, estamos ante un monllo de historias que lle propoñen ao lector o desafío de explorar as topografías da conduta humana. Esta vez e sempre, entre as cousas que están sendo e os días que non foron.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119932752112,"sku":"9788499145525","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499145525_p0.jpg?v=1763749235","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499145525","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}