{"product_id":"9788499145846","title":"O país adormentado","description":"No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119881044208,"sku":"9788499145846","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499145846_p0.jpg?v=1763748829","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499145846","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}