{"product_id":"9788499145884","title":"Cartas de inverno","description":"Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995 Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119653142768,"sku":"9788499145884","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499145884_p0.jpg?v=1763747985","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499145884","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}