{"product_id":"9788499146133","title":"O Cabo do Mundo","description":"«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño.Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119688171760,"sku":"9788499146133","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499146133_p0.jpg?v=1763748094","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499146133","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}