{"product_id":"9788499146140","title":"O bosque das antas","description":"V Premio Xerais de Novela 1988 De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con \"O Bosque das Antas\", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máissolicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan \"O bosque das antas\" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, Fernández Naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de Pierre Francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119881175280,"sku":"9788499146140","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499146140_p0.jpg?v=1763749012","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499146140","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}