{"product_id":"9788499146492","title":"Palabras de auga","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil, 2012 - Lista de Honra do IBBY 2014. O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119654355184,"sku":"9788499146492","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499146492_p0.jpg?v=1763749039","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499146492","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}