{"product_id":"9788499146515","title":"O sangue dos camiños","description":"Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual ¿os dos medios de comunicación de masas¿, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces. Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou\/Louzós. ¿A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar.¿ (Isabel Mociño González) ¿O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico.¿ (Francisco Martínez Bouzas)","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119688499440,"sku":"9788499146515","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499146515_p0.jpg?v=1763749259","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499146515","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}