{"product_id":"9788499146539","title":"A filla do ladrón de bicicletas","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil, 2010 - Premio Frei Martín Sarmiento 8ª Edición (Categoría 5º e 6º Primaria), 2012. Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando ¿a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia¿. A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119889826032,"sku":"9788499146539","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499146539_p0.jpg?v=1763750019","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499146539","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}