{"product_id":"9788499146577","title":"Contos por palabras","description":"Premio Lazarillo de Creación Literaria, 1990 - Lista de Honra do IBBY,1992 - Premio lecturas Galix, 2003 - Elixido un dos dez títulos imprescindibles da LIX Española do Século XX, 2010.  Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. \"Unha chave non é suficiente\" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que \"se duplica calquera chave, con ou sen mostra\".  \"O caso do unicornio azul\" conta a historia dunha unicornia que acode  a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.  \"Vanesa e o anuncio da televisión\" conta a historia dunha nai empeñada  en que a súa filla sexa unha artista da televisión.  \"Un artista de neon\": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato \"O caso do estraño empregado\"  Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en \"Ser superheroe non é doado\" e \"Noites de lúa chea\". \"O libro das infinitas historias\", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119688532208,"sku":"9788499146577","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499146577_p0.jpg?v=1763750970","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499146577","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}