{"product_id":"9788499147123","title":"Eu, pel","description":"Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o seu mal. Ao mesmo tempo, no centro da cidade, o taller de pintura de Leopoldo Galean irradiaba luz a cada recanto da illa. Será nese taller onde unha rapaza chamada Niki revelará os seus insólitos dotes artísticos. Certo día o Gran Teatro encárgalle a Niki un decorado baseado na lenda de San Xurxo e o dragón, mais pouco despois a rapaza é internada na Residencia Periférica. O Innominable fíxose co goberno da Meridiana. Niki podería descubrir pronto as verdadeiras intencións daquel a quen moitos chaman Benfeitor.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119889924336,"sku":"9788499147123","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147123_p0.jpg?v=1763748107","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147123","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}