{"product_id":"9788499147208","title":"Mil cousas poden pasar. Libro I","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil, 2009. Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou ¿que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.¿","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119881371888,"sku":"9788499147208","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147208_p0.jpg?v=1763749212","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147208","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}