{"product_id":"9788499147246","title":"55","description":"Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta. Xavier Queipo experimenta desde que comezou a súa andaina como escritor coa forma e cos contidos, sempre baixo a sombra tutelar da fascinación e do xogo, da alteralidade e da celebración da palabra. Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis. Queipo presenta un libro que non vai deixar indiferente a quen se mergulle na súa prosa engaiolante. Un longo percorrido de innovación, de prosa mil veces renovada. Un libro para gozar.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119655239920,"sku":"9788499147246","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147246_p0.jpg?v=1763748852","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147246","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}