{"product_id":"9788499147260","title":"Zapatillas rotas","description":"O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de ¿Zapatillas rotas¿ por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. ¿Zapatillas rotas¿ trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119655370992,"sku":"9788499147260","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147260_p0.jpg?v=1763749022","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147260","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}