{"product_id":"9788499147505","title":"E logo, temos razóns para ser nacionalistas?","description":"O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu futuro con total liberdade. Os dereitos colectivos non están en colisión cos dereitos individuais: ambos se complementan na consecución de sociedades solidarias e igualitarias. O exercicio do dereito de autodeterminación deber ser unha garantía de democracia e de solución pacífica de conflitos na procura dunhas relacións internacionais máis xustas e equitativas. O nacionalismo procura o recoñecemento das creacións comunitarias e o dereito a poder vivir en pé de igualdade entre todos os pobos e nacións. A dignidade individual dificilmente pode reclamarse cando se nega a existencia como pobo.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119689187568,"sku":"9788499147505","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147505_p0.jpg?v=1763749271","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147505","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}