{"product_id":"9788499147659","title":"O violín de Rembrandt","description":"Premio Blanco Amor 2013. Un cadro e un violín porán a proba os principios dun profesor de historia da arte que traballa nos cursos de nocturno do Colexio Academia Atenea, onde don Atilano e Margaret Thatcher, marcan a liña pedagóxica. Mais tamén Violeta, filla dun embaixador arxentino, que avisa a tres días vista cando vai levar un amante ao piso «para gardar o protocolo diplomático»; Vladimir Ilich, Bladimiro Regueira, que marchará á capital do reino para triunfar na farándula; Antón Coira, que cambiou as prácticas de sindicalista, polas de tratante de arte; Alicia, que prepara oposicións para todo; Gertrud, a avogada de Düsseldorf, capaz de dicir «ducha ou jacuzzi?», como quen di té ou café, e coa mesma quitar a roupa e meterse na bañeira; Teresa Moure, daltónica, pero con vista para levar unha galería de arte; Armando Ónega, un dos homes máis ricos do planeta. E logo están don Leoncio, o cura especialista en Bach; Indalecio, o camareiro do Delicias, que pensa que a climatoloxía a ten tomada con el; Marián, que confía no materialismo esotérico¿  A xuízo do xurado do Premio Blanco Amor, O violín de Rembrandt é unha novela de lectura fluída, na que «prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local vese neutralizado con personaxes cotiáns».","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119689318640,"sku":"9788499147659","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147659_p0.jpg?v=1763750028","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147659","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}