{"product_id":"9788499147697","title":"O tesouro da lagoa de Reid'Is","description":"Premio Merlín de Literatura Infantil, 2006. Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid¿Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas?O tesouro da lagoa de Reid 'Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar¿), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119689351408,"sku":"9788499147697","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147697_p0.jpg?v=1763750983","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147697","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}