{"product_id":"9788499147840","title":"Conduce rápido","description":"Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na casa dunha amiga. Samuel, o seu irmán, co que convive nun piso do barrio de Vite, procura nas rúas compostelás unha oportunidade definitiva que os saque de vez daquela merda de vida. A aparición dun paquete levará a que as vidas dos irmáns se crucen coas de Ventura, un mozo que fachendea de dedicarse a resolverlle problemas á xente, tanto os sinxelos coma os complicados, apenas un eufemismo para agochar que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e préstamo de cartos.  Na liña de novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón, Todo OK, e Matarte lentamente, Ameixeiras profundiza en Conduce rápido na súa liña de modernización radical do xénero negro, baseada na brevidade, dosificación da información, tramas cruzadas e máxima economía expresiva. Coa precisión dun cirurxián ofrece un extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan polo decorado da Compostela de hoxe.","brand":"Eddie Loussararian","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47119656222960,"sku":"9788499147840","price":100.0,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0737\/7593\/9824\/files\/9788499147840_p0.jpg?v=1763749037","url":"https:\/\/shop-qa.barnesandnoble.com\/products\/9788499147840","provider":"Barnes \u0026 Noble (DEV)","version":"1.0","type":"link"}